‘O trasno dos contos navideños’ chega á biblioteca de Ordes
A biblioteca municipal de Ordes acolleu unha nova sesión das súas Tardes de contos e lendas. ‘O trasno dos contos navideños’ foi o relato co que decenas de nenos e nenas, moitos deles acompañados dos seus país, irmáns, avós, etc, desfrutaron. É máis, en moitos casos foi o mesmo público quen tivo que interactuar con este divertido trasno para completar as historias e narracións, que en moitos momentos despertaron as risas e contiveron a emoción de todos.











