O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala do X aniversario de Manicómicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O director do Teatro Rosalía Castro, Xosé Paulo Rodríguez, acompañado por membros da Asociación Cultural Manicómicos, presentou a gala que a entidade organizou con motivo do seu décimo aniversario.

En evento, que virará ao redor dunha romaría popular ambientada nos anos 20, contará con música en directo cos compoñentes do grupo Tiruleque e coa participación de máis de 35 artistas pertencentes a todos os ámbitos das artes escénicas entre técnicos, coreógrafos, dramaturgos, guionistas, actores e bailaríns, así como representantes de todas as xeracións da historia da asociación.

O evento, que inclúe espectáculos de danza, circo, teatro e clown, celebrarase o vindeiro sábado 4 de xaneiro ás 19.00 horas.

O prezo das entradas é de 8 euros, aínda que existe un bono familiar de 3 entradas por 18 euros. Pódense adquirir en Servinova, no 902 504 500, na Praza de Ourense en horario de 9.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas e o día de función no despacho de billetes do propio Teatro Rosalía Castro.

A Asociación Cultural Manicómicos traballa desde fai dez anos a favor das artes escénicas, especialmente á comedia. Ademais, puxeron en marcha unha escola de teatro, desenvolve seminarios internacionais de formación e produce galas, cabarets e espectáculos.

27 de decembro de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.