O SPAD de Vilagarcía e Ribadumia organizan actividades de prevención no CPI Xulia Becerra Malvar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumiaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Ribadumia en colaboración co SPAD de Vilagarcía, está a organizar actividades e programas no colexio Xulia Becerra Malvar  para previr e informar sobre o consumo de drogas e alcol. A programación destas accións está incluída no convenio que concello e SPAD veñen asinando anualmente dende fai dez anos.

Os obxectivos que se perseguen a través destas sesións son sensibilizar sobre a necesidade de que a familia se implique na prevención do consumo e reflexionar e analizar sobre as consecuencias das drogas.

As actividades destinadas ao alumnado de educación primaria, que sen están a desenvolver estes días, están organizadas en 11 sesións onde se abordan diversos contidos relacionados con drogas legais e ilegais, condutas aditivas, análise da publicidade, ocio así como habilidades sociais, autoestima, presión de grupo e toma de decisións, que actúan como factores de protección na prevención de drogodependencias e outras condutas aditivas

12 de decembro de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.