O sistema de videovixilancia do Parque Empresarial da Reigosa de Ponte Caldelas entrará en funcionamento antes de acabar o ano
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou os membros da Entidade de Conservación do Parque Empresarial da Reigosa que se porá en funcionamento, antes de que finalice este ano, o sistema de videovigilancia para cuxa adquisición se solicitou unha subvención á Xunta de Galicia.
As xestións realizadas desde o Concello de Ponte Caldelas serviron para conseguir a colaboración económica da Consellería de Economía e Industria para a instalación dun servizo de videovigilancia no Parque Empresarial da Reigosa co fin de aumentar as prestacións que esta zona industrial pon a disposición dos emprendedores e firmas consolidadas.
O sistema contemplou a instalación dun total de 15 cámaras repartidas polas distintas rúas que conforman a zona industrial coa intención de salvagardar os intereses de empresas e bens de carácter público de posibles roubos ou actuacións vandálicas.
A actuación que leva a cabo ten un orzamento total de 48.443 euros, dos cales a Consellería de Economía e Industria financia a través da subvención 38.775 euros.
UN PARQUE EMPRESARIAL SEGURO QUE AUMENTA Os seus SERVIZOS
Aínda que polo momento non houbo roubos nas naves xa construídas, con esta actuación o Concello pretende mellorar as prestacións neste parque empresarial co fin de que sexa máis atractivo para futuras empresas.
O sistema que se implanta consta dun gravador dixital con capacidade de almacenamento de imaxes durante as 24 horas, que mostra os resultados nunha pantalla convencional conectada á Policía Local, o que tería acceso os corpos e forzas de seguridade do Estado.
A versatilidade do sistema posibilitará, de forma inmediata, a recuperación dun arquivo de imaxes captadas polas cámaras, que filman en calquera soporte (DVD, CD-ROM ou en disco duro dun computador) o que permitirá o visionado dunha gravación realizada un día e unha hora concreta, de maneira sinxela e ao instante.
A Entidade de Conservación do Parque Empresarial da Reigosa, integrada polos propietarios das 49 parcelas existentes, desde a súa constitución xa decidise contratar unha empresa de seguridade para a vixilancia nocturna, co fin de garantir a seguridade das instalacións e as empresas alí situadas. Cando o alcalde expúxolles a posibilidade de instalar a maiores un sistema de videovigilancia, os empresarios mostraron a súa satisfacción xa que redundará na seguridade das empresas instaladas e tamén favorecerá a implantación de novos proxectos industriais ao poder garantirse así mellor a tranquilidade de operarios e de emprendedores.
Na actualidade das 49 parcelas existentes no Parque Empresarial da Reigosa, 23 están vendidas, das cales 13 contan con naves construídas e están a funcionar a pleno rendemento.