O servizo de taxis da Coruña perciben unha axunda de 55.000 euros
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico e Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa da concesión dun total de 55.000 euros en axudas ao servizo de auto-taxi da cidade. As subvencións corresponden á convocatoria deste ano 2013 e teñen como obxectivo fomentar a implantación de innovacións técnicas para mellorar a calidade e seguridade na prestación dos servizos públicos do transporte de viaxeiros e a modernización do taxi. Desta forma se aposta por mellorar a calidade do servizo para os usuarios á vez que se axuda ao sector nun momento difícil.
En concreto, concedéronse un total de 24 subvencións, 21 están relacionadas con solicitudes destinadas á adquisición de vehículos híbridos, híbridos enchufables, gas licuado de petróleo (GLP), gas natural, eléctricos ou outros combustibles alternativos, así como á adquisición de vehículos destinados a eurotaxi. As outras tres subvenciones corresponden á instalación de medios de seguridade mediante biombos e GPS.
A área de Mobilidade avanza, ademais, que o próximo ano 2014 a partida destinada a estas subvencións incrementarase en 20.000 euros ao pasar dos 55.000 actuais aos 75.000. Con esta medida, o Goberno local mostra o seu compromiso coa mellora e modernización do sector.











