O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña obtén tres certificados de calidade
O Concello da Coruña destaca o tres certificados de calidade que se obtiveron e que evidencian o bo funcionamento e a capacidade técnica e organizativa do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamentos (SEIS).
O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento volveu a lograr as certificacións UNE-NISO 9001:2008 Sistemas de Xestión da Calidade -que recibe desde o ano 2003- e UNE-NISO 14001:2004 Sistemas de Xestión Ambiental -que recibe desde 2008-. Ademais, o Concello suma a partir de agora un terceiro certificado de calidade: UNE-NISO 50001:2011 sobre Sistemas de Xestión de Enerxía. Este último título engloba a todos os edificios municipais e, nun futuro, implicará tamén o control sobre o consumo de calquera tipo de enerxía utilizado polo SEIS.
A norma UNE-NISO 9001:2008 afecta de forma directa a todas as actividades do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, tanto no desenvolvemento das súas intervencións como en calquera actividade complementaria, como pode ser almacén, mantemento de vehículos e equipos. Este certificado implica a elaboración de procedementos e protocolos de actuación para todas as actividades que se prevé póidanse desenvolver no servizo. Tamén supón un control continuo do sentimento do cidadán ante as actuacións do SEIS a través de enquisas e dunha relación o máis directa posible; potenciando as visitas de colexios, asociacións e institucións ás instalacións do parque de bombeiros, así como a realización de actividades de carácter preventivo que poidan ser de interese para o cidadán, como é o caso da Semana da Prevención.
A norma UNE-NISO 14001:2004 tamén implica o control dos residuos considerados perigosos -pilas, tóner, envases contaminados ou luminarias-; a recollida do aceite usado en cociña; e que calquera empresa que realice traballos no parque ha de garantir a recollida e control dos seus residuos. Tamén supón contribuír ao aforro enerxético mediante a concienciación do persoal e mediante a adecuación das instalacións.











