O servizo de autobuses urbanos de Lugo modifica o seu horario con motivo da Noiteboa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O servizo de autobuses urbanos modificará o seu horario o vindeiro martes, día 24, con motivo da celebración da Noiteboa, segundo comunica a área de Transportes do Concello de Lugo.

Como é habitual o día 24 todas as liñas do transporte urbano de Lugo finalizarán unha hora antes, agás as liñas 14, 14A e 14B que realizan o servizo de transporte ó Hospital Universitario Lucus Augusti que non terán ningunha alteración no seu horario.

20 de decembro de 2013 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.