publicidade hoxe

O secretario xeral do PSdeG está convencido de que a crise de Ourense “se solucionará”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
E.P.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse este xoves “convencido” de que se chegará a unha “solución” na crise do partido en Ourense, pero evitou pronunciarse sobre as reunións que a dirección mantén con responsables socialistas ourensanos ao afirmar que non ten “ningunha noticia” a ese respecto.

Preguntado polos medios de comunicación polo encontro previsto para esta tarde, Gómez Besteiro sinalou que xa “houbo unha reunión das varias que haberá” e declinou achegar máis datos ata “o momento en que haxa” algunha novidade sobre a situación do Partido Socialista no Concello de Ourense.

“Creo que o que se está a facer é o que se debe facer”, opinou o líder do PSdeG, para quen debe haber “diálogo e comprensión e, sobre todo, que os cidadáns se vexan o menos afectados ou nada afectados”. Ao respecto, incidiu en que cre “que baixo o prisma do diálogo as cuestións se solucionarán”.

Neste escenario, Gómez Besteiro rexeitou apuntar un prazo no que estima que se resolverá o conflito, pero asegurou estar “convencido” de que haberá solución. Cando a haxa, dixo, será comunicada “a bombo e prato a todos os medios de comunicación”.

26 de decembro de 2013 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.