O Santiago Futsal vivirá unha semana de derbi con sabor a Copa
O Santiago Futsal comeza o mes de Decembro co obxectivo de certificar por fin a súa clasificación matemática para a Copa de España. E que mellor escenario que o Multiusos Fontes do Sar, onde o Santiago Futsal continúa invicto esta tempada, e que mellor partido que un derbi ante o CD Burela Pescados Rubén, que ademais é o oitavo clasificado, pechando o grupo de participantes na ansiada Copa de España de Logroño.
Os de Santi Valladares, coa clasificación na palma da man, poderían cumprir o seu obxectivo antes de disputar o mesmo partido, posto que moitos rivais adiantan a súa xornada ao xoves ou venres, pero en caso contrario, só necesitarían puntuar ante Burela para ser un do oito participantes na Copa de España. Con todo, os santiagueses queren continuar coa súa boa serie en Sar e buscarán sumar tres puntos para consagrar a súa cancha como o seu fortín, na que esta tempada aínda non cederon nin un só punto.
Diego Quintela e Juanjo non se incorporarán até o mércores aos adestramentos por atoparse concentrados coa selección española en Serbia, para disputar hoxe e mañá dous amigables de preparación para o Europeo 2014. Ademais, Hugo con molestias no xemelgo e Palomeque con problemas gastrointestinales, non se exercitaron hoxe, polo que pola tarde completarán os adestramentos Dani, Xullo e Simón do filial e Alberto do xuvenil.
O encontro entre Santiago Futsal e CD Burela FS será este sábado ás 18h no Multiusos Fontes do Sar, retransmitido en directo pola segunda canle da Televisión de Galicia. As entradas para o partido xa están á venda nas oficinas do club ao prezo habitual de 10€ para adultos e 1€ para menores de 13 anos. Os abonados poderán retirar até dúas entradas a 5€ cada unha, só en venda anticipada até o xoves ás 20h.
Plan de traballo da semana
Luns 2 de Decembro:
9,30 – Multiusos Fontes do Sar – Preventivo + Resistencia Velocidade + Porteiros
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Martes 3 de Decembro:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Mércores 4 de Decembro:
9,30 – Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida +Transferencia +Porteiros
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Xoves 5 de Decembro:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Venres 6 de Decembro:
9,30 – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
Sábado 7 de Decembro:
18h – Multiusos Fontes do Sar – J14 – Santiago Futsal vs CD Burela Pescados Rubén
Domingo 8 de Decembro:
Descanso











