O Santiago Futsal unirase á Operación Quilo no partido ante Hospital Llevant Manacor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal disputa este sábado 28 de Decembro a décimo sétima xornada de liga ante Hospital Llevant Manacor a partir das 19h no Multiusos Fontes do Sar. Aproveitando as datas do Nadal, o club santiagués únese un ano máis á Operación Quilo, co fin de colleitar comida para os máis necesitados, e que este ano irá destinado a Cáritas de Fontiñas, San Pedro e Milladoiro.

As entradas para o partido xa están á venda nas oficinas do club aos prezos habituais de 10€ para adultos e 1€ para menores de 13 anos, aínda que todos os menores de 13 anos que traian un quilo de comida non perecedoira (pasta, arroz, lentellas, alimentos enlatados, fariña, etc) poderán entrar gratis ao partido ante Hospital Llevant Manacor. Ademais, os abonados poderán retirar até dúas entradas a 5€ cada unha para este partido (exclusivo para venda anticipada).

Ademais, xa está aberta a campaña de abonados da segunda volta, e o Centro Dental Macía regálache o teu carné de abonado do Santiago Futsal si fasche o teu cartón Dental Macía (máis información en www.santiagofutsal.com). Os prezos dos abonos para esta segunda volta son:

Adulto: 40€

Reducida (Estudantes < 25 anos; Parados > 6 meses; Xubilados; Carné Xove; Federados; Xogadores da Agrupación de Veteranos): 30€

Xuvenil (de 13 a 18 anos): 15€

Infantil (menores de 13 anos): 5€

Para completar esta xornada, desde as 16h celebrarase no mesmo Multiusos Fontes do Sar, o Triangular de Nadal “Operación Quilo” entre os equipos infantís do Santiago Futsal, Hospital Llevant Manacor e Vigo 2015.

23 de decembro de 2013 | 20:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.