publicidade hoxe

O Santiago Futsal quere iniciar o ano sumando 3 puntos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal volveu esta mañá aos adestramentos para preparar o partido correspondente á décimo oitava xornada de liga ante Umacon Zaragoza no Pavillón Século XXI e que será ademais o primeiro do 2014. O partido xogarase o sábado ás 12h da mañá e os santiagueses partirán rumbo a terras mañas o venres á primeira hora da mañá, para realizar o último adestramento antes do partido no propio escenario do encontro.

Tras a vitoria o pasado sábado ante Hospital Llevant Manacor, o Santiago Futsal pecha o ano en sexta posición con 26 puntos, a 2 puntos do cuarto e o quinto (Marfil Santa Coloma e Magna Navarra, respectivamente) e con 5 puntos de vantaxe sobre a sétima posición que ocupa Ríos Renovables, cun partido menos.

Pola súa banda, Umacon Zaragoza é penúltimo na clasificación, tras sumar 12 puntos, 10 deles na súa casa. No partido da primeira volta, a vitoria foi para os santiagueses por 4-1 tras un gran partido no que os de Santi Valladares foron claros dominadores.

Durante a semana, o persoal adestrará para preparar o partido, a excepción do mércores día 1, cando terán descanso.

Plan de traballo da semana

Luns 30 de Decembro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Preventivo + Táctico

16,45h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Martes 31 de Decembro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros

Mércores 1 de Xaneiro:
Descanso

Xoves 2 de Xaneiro:

13h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

18,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares

19h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Venres 3 de Xaneiro:

8h – Saída cara a Zaragoza

Horario por confirmar – Zaragoza – Táctico

Sábado 4 de Xaneiro:

12h – Século XXI – J18. Umacon Zaragoza vs Santiago Futsal

Domingo 5 de Xaneiro:

Descanso

30 de decembro de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.