O Santiago Futsal quere empezar con bo pé a segunda volta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Tras coñecer ao oito participantes na Copa de España que se celebrará en Logroño do 13 ao 16 de Marzo, e na que o Santiago Futsal participará por undécima vez consecutiva, todas desde o seu ascenso á Primeira División, mañá venres comeza a segunda volta coa décimo sexta xornada de liga, que enfrontará no derbi galego aos santiagueses con Azkar Lugo ás 21h no Municipal dos Deportes de Lugo.

O Santiago Futsal, que actualmente é quinto con 22 puntos, buscará sumar tres puntos a domicilio, unha das tarefas pendentes dos de Santi Valladares, que só o lograron nunha ocasión esta tempada, ante Colexios Areas Gran Canaria. En fronte terán ao Azkar Lugo de Diego Ríos, que é décimo segundo con 12 puntos.

No partido da primeira volta, os santiagueses venceron por 4-3 nun partido irregular, no que aínda que os de Santi Valladares puxéronse por diante nos primeiros minutos, Azkar Lugo logrou darlle a volta ao marcador antes do descanso. O Santiago Futsal sufriu nos minutos finais, nos que a vantaxe que conseguiron tras o tempo de descanso, perigou co ataque de cinco por parte dos lucenses.

Para este partido, Santi Valladares recupera a Barroso, que sufriu un problema muscular no último partido en casa ante Burela, que lle impediu xogar a segunda parte do partido e perderse o último partido de liga ante Elpozo Murcia. Sn embargo, seguirá sen poder contar con Santi nin Mario Costa. Os árbitros do encontro serán Redondo Areais e Viedma Martín do colexio castelán-leonés.

Sala de prensa

Esta mañá compareceu en rolda de prensa Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, afirmando que “nun derbi dá igual a posición que ocupes na táboa e os puntos que teñas. Xogan na súa casa e eles queren amarrar o maior número posible de puntos para non pasar apuros ao final e facer unha segunda volta boa como a que fixeron o ano pasado”.

Analizando ao seu rival, Santi Valladares afirma que “Azkar é un equipo moi novo que se coñece moi ben co reforzo de catro veteranos que lle dan intensidade e carácter. Nos últimos anos volveuse moito máis competitivo, pero o manexo do balón segue sendo a súa arma fundamental”.

Santi Valladares considera que este tipo de derbis “adoitan ser partidos moi vistosos e igualados, con alternancia no marcador e moi competidos. Deportivamente témonos moitas ganas, aínda que fóra da cancha levámonos moi ben”.

Por último, Santi apuntou que “imos saír con todo, a apertar, a non deixarlles pensar. Si deixámoslles que teñan o balón eles fano francamente ben e podemos ter problemas, polo que debemos saír cunha intensidade alta levando o ritmo do partido”.

Partidos fin de semana Santiago Futsal e categorías inferiores (20 ao 23 Decembro)

1ª División (16ª Xornada)

Azkar Lugo vs Santiago Futsal

Venres 20 de Decembro ás 21h en Municipal de Lugo

3ª División (12ª Xornada)

Pazos de Borbén vs Santiago Futsal B

Sábado 21 de Decembro ás 19h en Pazos de Borbén

Liga Xuvenil Autonómica (11ª Xornada)

Troula Betanzos vs Santiago Futsal Juv Autonómico

Domingo 22 de Decembro ás 12,15h no Municipal de Betanzos

Liga Xuvenil Autonómica (12ª Xornada)

Ourense FS vs Santiago Futsal Juv Autonómico

Venres 20 de Decembro ás 21h no Pavillón da Carballeira

Liga Cadete Autonómica (12ª Xornada)

Santiago Futsal Cadete Autonómico vs Troula FS

Sábado 21 de Decembro ás 18h en PM Santa Isabel

Liga Cadete Autonómica (13ª Xornada)

Concello Vigo IES Coruxo vs Santiago Futsal Cadete Aut

Luns 23 de Decembro ás 17,45h en Pavillón Travesas

Liga Infantil Autonómica (12ª Xornada)

Santiago Futsal Infantil Autonómico vs Troula FS

Sábado 21 de Decembro ás 16,30h PM Santa Isabel

Liga Infantil Autonómica (13ª Xornada)

Conc Vigo IES Coruxo vs Santiago Futsal Infantil Aut

Luns 23 de Decembro ás 16,30h en Pavillón Travesas

Liga Cadete Local

Santiago Futsal IES Fontiñas Cadete B vs SD Touro

Sábado 21 de Decembro ás 13h en Monte dous Postes

Liga Infantil Local

Santiago Futsal IES Fontiñas Infantil B vs Vos Viquingos FS

Sábado 21 de Decembro ás 20h en PM Santa Isabel

Liga Alevín

Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín A vs La Salle C

Domingo 22 de Decembro ás 11,30h en La Salle

Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín B vs La Salle B

Sábado 21 de Decembro ás 19,45h en Pontepedriña

Liga Benjamín

Santiago Futsal IES Fontiñas Benjamín A vs Oroso FS

Domingo 22 de Decembro ás 12,15h en Fontiñas

Santiago Futsal IES Fontiñas Benjamín B vs R San Lorenzo

Domingo 22 de Decembro ás 13h en Fontiñas

Liga Prebenjamín

Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenjamín 2º vs Praíña

Sábado 21 de Decembro ás 10h en Lamas de Abade

Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenjamín 1º vs SD Villestro B

Sábado 21 de Decembro ás 10,45h en Lamas de Abade

Liga Feminina A Gaiola

Santiago Futsal A Gaiola A vs Vedra FSF

Domingo 22 de Decembro ás 10,45h en Pontepedriña

Santiago Futsal A Gaiola B vs Cruces FSF

Domingo 22 de Decembro ás 11,30h en Pontepedriña

19 de decembro de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.