publicidade hoxe

O Santiago Futsal pretende pechar a primeira volta dando a sorpresa ante Elpozo Murcia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal xa se atopa en Murcia, onde mañá disputará a décimo quinta xornada de liga ante Elpozo Murcia ás 21h no Palacio dos Deportes de Murcia. Os santiagueses, realizan esta mañá a última sesión de adestramento antes deste encontro, un clásico xa no fútbol sala nacional.

Os de Santi Valladares chegan a esta xornada en cuarta posición con 22 puntos, empatado con Marfil Santa Coloma que é quinto, mentres que o equipo dirixido por Dúbida é terceiro con 29 puntos, 7 máis que os santiagueses. Ademais, a cancha de Murcia é a única na que ningún equipo puntuou esta tempada, polo que os santiagueses terán o difícil reto de sacar algún punto que lles permita conservar a cuarta praza e terminar a primeira volta só por detrás do tres grandes.

A isto hai que engadir que nos seus encontros no Palacio dos Deportes de Murcia, o Santiago Futsal só conseguiu sumar unha vitoria (4-7 na tempada 10/11) e dous empates (4-4 na 05/06 e 2-2 na 11/12), aínda que na pasada campaña, os santiagueses xogaron na cancha murciana até en catro ocasiones con catro derrotas: unha en liga (5-2), unha nas semifinais da Copa do Rei (4-1) e dous nos cuartos de final do play-off, onde os de Dúbida déronlle a volta á eliminatoria vencendo 4-2 e 8-1 o segundo e terceiro partido.

Para este partido, Santi Valladares non poderá contar con Barroso, que queda fóra da convocatoria por un problema muscular que lle impediu traballar co grupo esta semana, nin con Santi, cunha lesión no menisco externo, ademais da baixa xa coñecida de Mario Costa. Así, a convocatoria está formada por: David, Palomeque, Loito, Eloy Vermellas, Juanjo (p), Pablo Tallón, Hugo, Raúl (p), Chus, David Pazos, Hamza e Diego Quintela.  Os árbitros do encontro serán Cordeiro Gallardo e Linares López do colexio andaluz.

12 de decembro de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.