O Santiago Futsal prepara o seu último partido da primeira volta ante Elpozo Murcia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal comeza esta tarde os adestramentos para preparar o último partido da primeira volta ante Elpozo Murcia, que será este venres ás 21h no Palacio dos Deportes de Murcia.

Santiago Futsal e Elpozo Murcia, clasificados para a Copa de España de Logroño, chegan en cuarta e terceira posición respectivamente, con 7 puntos de diferenza. Os santiagueses buscarán puntuar na única cancha de primeira na que ningún rival o fixo esta tempada, e ante un rival ao que unicamente venceu nunha ocasión na súa cancha na tempada 10/11 (4-7) e empatou en dúas nas tempadas 05/06 (4-4) e na 11/12 (2-2).

Ademais, os santiagueses continúan coa materia pendente dos seus partidos a domicilio, onde só conseguiu 6 puntos cunha vitoria e tres empates, aínda que acaba de pechar unha gran primeira volta en casa onde continúa invicto con 5 vitorias e 1 empate o pasado sábado ante Burela.

Os santiagueses comezarán a adestrar esta tarde e mañá terán dobre sesión. O mércores completarán unha sesión vespertina para tomar o autobús pola noite rumbo a Murcia, onde chegarán o xoves para realizar a súa última sesión antes do partido.

Plan de traballo da semana

Luns 9 de Decembro:
16,45h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Martes 10 de Decembro:
9,30 –  Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida +Transferencia +Porteiros

17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Mércores 11 de Decembro:
11,30 –  Sala de prensa Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares

17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

23h – Saída cara a Murcia

Xoves 12 de Decembro:

9,30h – Murcia – Táctico

Venres 13 de Decembro:

21h – Palacio dos Deportes de Murcia – J15 – Elpozo Murcia vs Santiago Futsal

Sábado 14 de Decembro:

Descanso

Domingo 15 de Decembro:

Descanso

9 de decembro de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.