O Santiago Futsal pasará o Nadal pensando en Hospital Llevant Manacor
O Santiago Futsal comezou onte domingo a preparar o seu seguinte compromiso ligueiro, tras sumar un punto no último partido de liga ante Azkar Lugo a domicilio. Os de Santi Valladares recibirán este sábado ao Hospital Llevant Manacor ás 19h no Multiusos Fontes do Sar.
Os de Tomás de Deus volven ao Multiusos tras facelo no torneo de presentación do Santiago Futsal en pretemporada, aínda que non se cruzaron cos anfitrións en ningún encontro. No partido da primeira volta na Palma Area, houbo repartición de puntos tras empatar a uns.
O persoal terá libre mañá día 24 e o día de Nadal, para retomar os adestramentos o xoves 26 e continuar coa preparación do partido ante Hospital Llevant Manacor.
As entradas para o partido xa están á venda nas oficinas do club aos prezos habituais de 10€ para adulto e 1€ para menores de 13 anos, permanecendo a oferta para abonados, que poden retirar até dúas entradas por 5€ cada unha (só en venda anticipada até o venres ás 20h).
Cabe lembrar, que tamén está aberta a campaña de abonados da segunda volta con grandes descontos para o que resta de tempada. Desde hoxe mesmo poderase retirar o carné nas oficinas do club aos seguintes prezos:
–Adulto: 40€
–Reducida (Estudantes < 25 anos; Parados > 6 meses; Xubilados; Carné Xove; Federados; Xogadores da Agrupación de Veteranos): 30€
–Xuvenil (de 13 a 18 anos): 15€
–Infantil (menores de 13 anos): 5€
Ademais, o Centro Dental Macía regala o carné de abonado do Santiago Futsal, a todos aqueles que se dean de alta no Cartón Dental Macía no seu centro dental en Milladoiro (para máis información consultar www.santiagofutsal.com).
Plan de traballo da semana
Luns 23 de Decembro:
9,30 – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Martes 24 de Decembro:
Descanso
Mércores 25 de Decembro:
Descanso
Xoves 26 de Decembro:
12h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
19h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Venres 27 de Decembro:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
Sábado 28 de Decembro:
16h – Multiusos Fontes do Sar – Triangular de Nadal “Operación Quilo” (categoría infantil)
19h – Multiusos Fontes do Sar – J17. Santiago Futsal vs Hospital Llevant Manacor
Domingo 29 de Decembro:
Descanso