publicidade hoxe

O Santiago Futsal organiza un ano máis a Cea de Nadal coa afección

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal organiza a Cea de Nadal coa afección, que se celebrará o sábado 28 de Decembro a partir das 21,30h no Hotel Oca Porta do Camiño, despois do partido ante Hospital Llevant Manacor que se disputará ás 19h no Multiusos Fontes do Sar.

Esta cea está dirixida a toda a afección do Santiago Futsal, e contará coa presenza de xogadores, corpo técnico e directiva do club santiagués, que se reunirán para celebrar o Nadal e brindar por un novo ano cheo de éxitos no deportivo e no persoal. Ademais, haberá sorpresas e agasallos para os asistentes.

A cea consistirá nun buffet libre e o prezo da mesma será de 20€ para adultos e 10€ para nenos menores de 13 anos. Para reservar o teu prato nesta gran cea de Nadal haberá que chamar por teléfono ao 981 11 50 38, mandar un correo a administracion@santiagofutsal.com ou pasar polas oficinas do club no Multiusos en horario de 10h a 14h e de 17h a 20h até o día 23 de Decembro incluído, data límite para apuntarse á mesma.

10 de decembro de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.