O Santiago Futsal disputa a décimo quinta xornada de liga ante Elpozo Murcia
O Santiago Futsal sale esta noite rumbo a Murcia para disputar a décimo quinta xornada de liga ante Elpozo Murcia, que se disputará o venres 13 ás 21h desde o Palacio dos Deportes de Murcia.
Os de Santi Valladares chegan a este partido coa enfermaría chea, e é que “á baixa de Mario Costa, que continúa favorablemente coa súa recuperación, súmase a de Santi, cunha lesión no menisco externo que lle impediu traballar co grupo. Tamén traballou fóra do grupo durante a semana Barroso, que é seria dúbida para este partido”, tras sufrir un problema muscular. Pola súa banda, o capitán “David é o que máis posibilidades ten de viaxar a Murcia, aínda que haberá que esperar ao adestramento da tarde”.
Santi Valladares apunta que as claves para poder facer fronte a Elpozo Murcia son “fundamentalmente unha gran defensa e poderlles quitar o balón o máximo posible, aínda que sabemos que é algo moi difícil, porque non nos podemos esquecer que temos en fronte a todo un Pozo”.
Con respecto ao feito de que o seu rival teña que xogar entre semana Copa do Rei, con apenas dous partidos en 48 horas, o técnico santiagués, afirma que “para eles é un desgaste, aínda que teñen persoal dabondo para afrontar os dous partidos”.
Pola súa banda, Santi Valladares non está preocupado polos últimos resultados do equipo: “Temos que basear o noso xogo nunha gran defensa e despois nun ataque colectivo para poder crear ocasións. Mentres xeremos ocasións, os goles chegarán, preocuparíame si non as xerásemos”.











