publicidade hoxe

O Santiago Futsal comeza a segunda volta con derbi ante Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal retomou esta mañá os adestramentos tras terminar a primeira volta en quinta posición con 22 puntos e lograr así clasificarse para a Copa de España que se celebrará do 13 ao 16 de Marzo en Logroño. Os de Santi Valladares lograron así o seu primeiro obxectivo da tempada e xa traballan no seguinte, tratando de seguir sumando para manterse entre o oito primeiros clasificados de face ao play-off polo título.

Para iso, este venres disputarán o primeiro partido da segunda volta no derbi ante Azkar Lugo que se disputará o venres 20 ás 21h desde o Municipal de Lugo. Tras a sufrida vitoria no partido inaugural da liga disputado no Multiusos Fontes do Sar no que o Santiago Futsal venceu 4-3 despois de darlle a volta ao marcador e no que os de Diego Ríos puxeron en serios apuros aos santiagueses nos minutos finais, ambos os equipos vólvense a ver as caras este venres con moitas ganas de fútbol sala.

Ademais, todos aqueles que queiran desprazarse no autobús de afeccionados que o club pon a disposición dos mesmos, terán até o mércores 18 para apuntarse, inscribíndose nas oficinas do club, a través do teléfono 981 11 50 38 ou no correo administracion@santiagofutsal.com. Os prezos do autobús + entrada son: Adulto (> 18 anos): 22€; Xuvenil (13 a 18 anos): 16€; Infantil (< 13 anos); 11€.

Plan de traballo da semana

Luns 16 de Decembro:
9,30 –  Multiusos Fontes do Sar – Preventivo + Táctico

16,45h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Martes 17 de Decembro:
9,30 –  Multiusos Fontes do Sar – Velocidade Desprazamento + Transferencia + Porteiros

17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Mércores 18 de Decembro:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Xoves 19 de Decembro:

9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

11,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares

Venres 20 de Decembro:

21h – Municipal de Lugo – J16 – Azkar Lugo vs Santiago Futsal

Sábado 21 de Decembro:

Descanso

Domingo 22 de Decembro:

9,30 –  Multiusos Fontes do Sar – Preventivo + Táctico

17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

16 de decembro de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.