O Santiago Futsal A Gaiola presenta o Torneo de Nadal “Todo é Deporte!”
O equipo feminino do Santiago Futsal A Gaiola, organiza un ano máis o seu Torneo de Nadal, baixo a lema “Todo é deporte!” co obxectivo de fomentar a igualdade de xénero e a non violencia. Este torneo celebrarase durante a tarde do sábado 21 de Decembro no Pavillón de Fontiñas, coa participación das mozas dos equipos femininos do Santiago Futsal, que se enfrontarán a un combinado de xogadoras doutros equipos da comarca.
Ademais, celebrarase outro partido mixto de invitados, que contará coa presenza de xogadores e corpo técnico do primeiro equipo do Santiago Futsal, así como de multitude de artistas convidados a este especial torneo, entre os que se atopan xornalistas, cantantes, actores e actrices, etc.
Tamén haberá actuacións musicais do artista santiagués Fredi Leis e de Hugo Torreiro e Yhadira, participantes da edición pasada de “A Voz”, así como unha exhibición de ximnasia rítmica, a cargo do Club Compostela e unha exhibición de patinaxe do Club Patín Oroso. Entre os partidos e actuacións, realizaranse multitude de sorteos, e ademais recolleranse alimentos que serán doados aos servizos sociais do Concello de Santiago, así como tapóns de botellas de plástico para fins solidarios.
Sábado 21 de Decembro
17:30 Presentación + sorteo
17:35 Concursos deportivos + sorteo
18:00 Partido Xogadoras SFAG vs xogadoras outros equipos. No descanso actuación de Fredi Leis + sorteo
18:50 Actuación de Hugo Torreiro e Yhadira + sorteo
19:00 Partido mixto de invitados. No descanso exhibición de ximnasia rítmica + sorteo
20:00 Exhibición de patinaxe + sorteo
20:15 Clausura do torneo











