publicidade hoxe

O rexistro de tarde aportan fluidez na atención á cidadanía en Vilagarcía de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

As medidas postas en marcha polo goberno local para aportar fluidez á relación entre o administrado e a administración están a dar bo resultado a xulgar polo numero de usuarios que acudiron en horario de tarde ás instalacións municipais nas últimas semanas. No mes que leva funcionando polas tardes o Rexistro e a atención ao público por parte dos concelleiros, aproximadamente un centenar de veciños beneficiáronse destes novos servizos para realizar diferentes tipo de xestións.

O goberno local está satisfeito con estes resultados, tendo en conta que aínda está empezando a coñecerse a posibilidade de acudir ao Concello pola tarde para presentar escritos por Rexistro ou para facer consultas cos concelleiros. A previsión é que o número de usuarios sega crecendo a medida que xa estea completamente estendido o novo horario destes servizos e con elo, a relación entre administrado e administración sexa máis fluída, e os problemas dos veciños poidan resolverse con máis celeridade.

Estes son os obxectivos últimos que perseguen as diferentes medidas adoptadas polo equipo de Tomás Fole que, dende que goberna en Ravella dou especial relevancia á atención cidadá creando, dende o primeiro momento, unha concellería dedicada a esta función coa misión de recibir en primeira instancia e de xeito inmediato aos veciños que se achegan ao Concello para tratar de resolver as súas problemáticas ou demandas, ou dirixilos a servizo ou concellería axeitado.

Para tratar de suplir a desvantaxe que lle supón ao equipo de Fole contar coa metade de concelleiros liberados que os que tiña o anterior goberno do bipartito, para poder ter unha relación máis directa posible cos cidadáns, e dado que o alcalde ten en consecuencia que asumir máis competencias, o goberno estableceu as quendas dos concelleiros en horario de tarde para recibir aos veciños. Cada tarde de luns a venres, os concelleiros túrnanse para atender aos cidadáns que previa se achegan ás dependencias municipais a expoñer as súas queixas, demandas, realizar propostas ou facer consultas. Aínda que, en función da axenda, tamén reciben sen pedir cita, a efectos dunha maior organización e eficacia, e para evitar esperas, prégase que xestionen previamente o día e hora para a entrevista.

12 de decembro de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.