O rexedor vigués convida á cidadanía a participar na San Silvestre Solidaria a prol do Banco de Alimentos
Patrocinada polo Concello de Vigo e organizada polo Club Atletismo Vigo, a San Silvestre Solidaria viguesa 2013 trasládase ao centro da cidade para intentar achegar este deporte á cidadanía e conseguir unha maior participación, que se traducirá nunha maior achega ao Banco de Alimentos de Vigo.
A proba, solidaria e non competitiva, busca pechar o ano cunha festa do deporte, unha carreira que premiará ao participante mellor disfrazado e concluirá cun chocolate e roscón para todos. Para inscribirse, os interesados poderán facelo antes do comezo da mesma co prezo de alimentos non percedoiros.
Concello e organización, como adiantaba Caballero durante a rolda de prensa, agardan chegar aos 3.000 corredores o próximo 31 de decembro, o que conlevaría a entrega duns 10.000 quilos de alimentos.











