O rexedor pontevedrés felicita a unha veciña centenaria polo seu aniversario

Visita do alcalde á veciña centenaria
María Alicia Perdiz Rivas cumpliu o pasado domingo cen anos. Foi visitada este luns polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores quen comprobou o seu bo estado de saúde e estivo falando con ela da súa vida cotiá. Logo da visita e da tradicional entrega do ramo de flores, despediuse até o vindeiro ano desexándolle que seguise tan ben como a viu nesta primeira visita.











