O rexedor compostelán felicitou o Nadal aos traballadores municipais

Felicitación do rexedor aos traballadores
O salón nobre do Pazo de Raxoi acolleu un Nadal máis a tradicional recepción aos traballadores do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo. O alcalde compostelán, Ángel Currás, recoñeceu o traballo dos empregados municipais nestes “momentos difíciles” e agradeceulles a súa “profesionalidade, paciencia e entrega”. Desexoulles a todos un feliz Nadal e un bo ano 2014, mellor que un 2013 que “non foi o máis favorable” para a cidade.