publicidade hoxe

O remate das obras na piscina municipal de Cangas suporán un investimento dun millón de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal Portada
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, asinaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá finalizar as obras da piscina municipal deste concello pontevedrés, que se prevén que estean rematadas a principios de 2015. Segundo se establece no texto asinado hoxe, investirase un millón de euros para rematar as obras desta infraestrutura deportiva.

Así, tal e como recolle o acordo rubricado esta mañá, a Secretaría Xeral para o Deporte achegará un máximo de 750.000 euros para finalizar esta actuación, mentres que o Concello de Cangas destinará o importe restante.

A futura piscina, cuxas instalacións existentes tamén serán actualizadas e acondicionadas, disporá dunha superficie total construída de máis de 3.000 metros cadrados, distribuídos en tres andares.

As instalacións deportivas contarán cun vaso de ensinanza, cun vaso principal, con dúas pistas de squash, cun ximnasio, con vestiarios, con dúas salas de masaxes, con enfermaría, cafetería, gardería, spa e jacuzzi, ademais de zona administrativa, almacéns e locais técnicos.

18 de decembro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.