O radar da DXT detecta en Vilagarcía velocidades de ata 97 quilómetros por hora en vías limitadas a 50
As vías urbanas e interurbanas de Vilagarcía seguen rexistrando vehículos circulando a velocidades bastante superiores ás permitidas. Co obxectivo de disuadir e sensibilizar aos condutores sobre os riscos de conducir a velocidades por riba das recomendadas, a Policía Local levou a cabo nas últimas semanas unha campaña de control de velocidade a través da cal o radar móbil cedido pola DGT rexistrou velocidades de ata 97 quilómetros por hora en vías limitadas a 50.
A campaña desenvolveuse durante os 15 días comprendidos entre o 26 de novembro e o 8 de decembro e os controles realizáronse en diferentes horarios e vías do municipio, especialmente as máis transitadas e nas que se soen rexistrar problemas de exceso de velocidade. En concreto, o radar fixo controis na Avenida de Vilanova, Valentín Viqueira, Avenida de Pontevedra, O Vento (Pousadoiro), Avenida de Rubiáns e Agustín Romero, todas elas con velocidade limitada a 50 quilómetros por hora; así como na Rúa Arealonga, cuxo límite sitúase nos 30 quilómetros por hora.
O cinemómetro graduouse para detectar velocidades por riba dos 70 quilómetros por hora, dando como resultado a detección de 101 casos de vehículos que transitaban por riba deste tope en rúas, insistimos, nas que non se podería superar os 50. Nos quince días nos que se utilizou o radar controláronse un total de 10.218 vehículos.
Os casos máis flagrantes e, por conseguinte, os máis perigosos tanto rexistráronse na Avenida de Vilanova e en Valentín Viqueira. No primeiro caso, o radar detectou na recta de Vilaxoán cara o Rial a un vehículo circulando a 97 quilómetros por hora ás 16.43 horas. La vía de Carril, a máxima velocidade detectada polo radar foi os 93 quilómetros por hora aos que circulaba un turismo ás tres da tarde. Os riscos de circular a semellantes velocidades é evidente e moi elevado tanto para os tripulantes dos vehículos infractores como para os de outros vehículos que puideran verse vistos implicados nun suposto accidente, así como para os peóns que circulan por estas vías de carácter urbano; de aí a necesidade de sensibilizar aos condutores.
Como notas positiva, en comparación con campañas anteriores cómpre salientar un descenso de infraccións en dúas das vías nas que se sitúa habitualmente o radar, foron en Agustín Romero e na Rúa Arealonga. Dende a Policía apuntan que este último caso, o descenso puido ter que ver con que o tráfico de vehículos pola Rúa Arealonga minorou de xeito gradual dende a apertura das circunvalacións, posto que o aliviar se o tráfico Rodrigo de Mendoza xa non se utiliza tanto o atallo por esta vía.
Dentro destas campaña para tratar de reducir a sinistrabilidade de tráfico a Policía Local tamén colabora estes días noutra campaña da DXT. En este caso na de controles da taxa de alcohol nos condutores que o organismo pon en marcha tradicionalmente durante o Nadal para previr os riscos de desprazamentos en coche despois das típicas celebracións destas datas.











