O PSOE de Ordes ofrece unha charla sobre a paralización da concentración parcelaria de Parada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A Agrupación Socialista de Ordes organiza este mércores 18 de decembro unha charla informativa sobre a paralización da concentración parcelaria de Parada. Unha iniciativa aberta a todos os veciños e veciñas desta parroquia ordense e que terá lugar no local social de Parada a partir das 20:00 horas.

A charla contará coa participación de Pablo García, deputado autonómico e vociero do PSOE en materia de Medio Rural, e de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes. A entrada é totalmente libre.

16 de decembro de 2013 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.