publicidade hoxe

O programa “Educando no Lecer” de Asfedro percibe 20.000 euros da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá un convenio de colaboración con Olga Basterrechea, presidenta da Asociación Ferrolá para o estudo e a prevención das drogodependencias (Asfedro) que ten como obxecto o financiamento do programa de intervención nocturno “Educando no lecer”.

Con este acordo, a Deputación achegará 20.000 euros, que supón o 80% do orzamento total previsto. O programa “Educando no lecer” ten como obxectivo crear un espazo de referencia adaptado aos cambios, con capacidade de escoita e como alternativa sólida ao uso das drogas como unha fonte de diversión da mocidade.

Ademais, a iniciativa achegará as ferramentas necesarias para espertar unha actitude crítica e reflexiva acerca das drogas entre as persoas enfermas e entre toda a sociedade, sobre todo no caso dos máis novos. Deste programa poderán beneficiarse todos os usuarios dos concellos da contorna de Ferrolterra.

A institución provincial, a través da colaboración con este entidade, busca significar a grave complexidade dos problemas que supón o consumo de drogas e a defensa e protección do individuo e a colectividade ante o consumo, promoción e emprego deste tipo de substancias. Actividades como as que aquí se promoven, ao abeiro do programa Educando no Lecer, serven para a toma de conciencia colectiva e individual sobre o dano xerado polo emprego e uso destas substancias e que, a través destas entidades, complementan o traballo realizado polas administracións.

3 de decembro de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.