O primeiro fin de semana de Nadal en Verín contará con ‘Ruta Atlética Solidaria’, música, teatro e actividades infantíns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Ao longo dos tres próximos días, o Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín, programaron as seguintes actividades dentro da programación de Nadal prevista para este ano:

– Concerto de Nadal (21 de decembro, ás 12 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Actuación do alumnado do Conservatorio Elemental de Música de Verín, con repertorio clásico e de Nadal. O mesmo estará conformado por temas como: Campanitas, Spiritoso en Do Maior, Noite de Paz, Adestes Fieles, Jolly Old St. Nicholas ou Jingle Bells ou Andantino; pertencentes a autores como Bach, Clementi, Boccheirin, Beethoven, Mozart, Creatore ou Tchokov-Gemiu).

– Open Xadrez ‘Nadal de Verín'(21 de decembro, a partir das 15.30 horas). No Pavillón Municipal de Deportes de Verín. Devandito torneo, no que tamén colabora Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas,  está dividido nas catro seguintes categorías: Sub 8, Sub 10 Sub 12 e Adulto. O sistema de xogo no que se asentará este  Open Xadrez ‘Nadal de Verín’ é o sistema suízo a 7 roldas, cun ritmo de xogo de 10 minutos por xadrecista. Entregaranse remios aos tres primeiros de cada categoría, así como medallas aos/ás participantes.

– ‘Concerto para os nosos maiores’ (21 de decembro, ás 16 horas). Na Residencia de Anciáns Santa María. Concerto de temas populares do repertorio internacional do Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

– ‘@Komezamos.Kom’ (21 de decembro, a partir das 16 horas). Esta actividade desenvolverase simultaneamente en tres prazas da localidade. Na do Rei realizaranse obradoiros de maquillaxe e globoflexia, mentres que na de Edesio Fuentes terán lugar obradoiros de tatuaxes e inchables. Na praza Maior está programado un circuíto de eco karts, tiro de precisión e golf, ademais de obradoiros de peitado e maquillaxe. En caso de meteoroloxía adversa, as actividades trasladaranse ao Pavillón Municipal de Deportes.

– Representación teatral ‘Avós…nunca é tarde’ (21 de decembro, ás 20 horas). Na Casa da Cultura de Verín. A posta en escena desta obra supón a fase final dos talleres de teatro desenvolvidos no Centro Sociocomunitario de Verín, nunha acción enmarcada no programa da Secretaría Xeral da Igualdade de sensibilización dos valores da educación libre de estereotipos de xénero, para persoas que realizan tarefas de atención e coidado dos seus netos e netas menores. A iniciativa, que ten como obxectivo utilizar o teatro como medio para a ruptura dos estereotipos de xénero, a partir da concienciación das persoas maiores que exercen labores de coidado de menores, forma parte das accións do Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013 e se desenvolve a través do proxecto Eles tamén, no que participan Galicia, Castela León e Portugal.

– Cantos sacros e panxoliñas (22 de decembro, ás 10 horas). Na Residencia de Anciáns Santa María. Actuación do Coral de Verín. Conta coa colaboración da Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.

–  ‘Ruta Atlética Solidaria’ en prol de Cruz Vermella Monterrei  (22 de decembro, ás 11.30 horas). No Pavillón Municipal de Deportes de Verín. Non é unha iniciativa deportiva competitiva senón solidaria na que tamén colabora Cruz Vermella de Monterrei e Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. A Ruta Solidaria Trátase dun circuíto urbano por Verín de 2.900 metros (Pavillón Municipal de Deportes, rúas Deputación, Canella Cega, San Antón, avenidas de Sousas e Luis Espada, rúa Deputación e retorno ao punto de inicio). A  participación articúlase de tres modos: andaina (unha volta ao circuíto), carreira escolar (ata os 15 anos, tamén unha volta) e carreira de adultos (maiores de 15 anos, a elixir unha ou dúas voltas). Para participar será necesario inscribirse ata esa mesma xornada, e como donativo da inscrición débese aportar un quilogramo de alimentos de longa duración (legumes, leite, pasta ou galletas) ou artigos básicos para bebés (leite, potitos, cueiros ou cremas entre outros). Os alimentos recollidos serán distribuídos por Cruz Vermella de Monterrei entre os/as veciños/as que o precisen. Na organización colaboran.

– ‘Que chega Santa Claus e o seu duende’ (23 de decembro, a partir das 16 horas). Na praza da Mercé de Verín. Están programados un gran número de obradoiros, entre os que se atopan, decoración de bolboretas, creando o noso belén, boneco de neve, cartas en forma de reno, bolas de Nadal, bota de Nadal ou un Papá Noel recortable. Todos/os nenos/as deberán acudir acudir cun gorro de Papá Noel, para acompañar a Santa Claus que chega nunha carruaxe de cabalos. En caso de meteoroloxía adversa, as actividades trasladaranse ao Pavillón Municipal de Deportes.

20 de decembro de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.