O presidente da Deputación de Ourense visita o Banco de Alimentos provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Baltar na visita ao Banco de Alimentos

Baltar na visita ao Banco de Alimentos

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta mañá o Banco de Alimentos de Ourense para coñecer en detalle o traballo que esta institución realiza na provincia de Ourense, que ten como obxectivo a recepción e o reparto de alimentos de maneira gratuíta a entidades benéficas recoñecidas, que son as únicas, pola súa relación directa coas persoas necesitadas, que poden asegurar que os alimentos cheguen ao seu destino final: os máis necesitados. No percorrido polas instalación, Manuel Baltar estivo acompañado polo presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, e polo vicepresidente desta institución, Enrique Pérez, así como polos voluntarios que traballan nesta actividade de maneira altruista cuxa finalidade é a solidariedade coas persoas que máis o necesitan.

23 de decembro de 2013 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.