publicidade hoxe

O presidente da Asociación de Empresarios de Redondela presenta a súa dimisión á xunta directiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+

A Xunta Directiva reunida onte na sede da Asociación de Empresarios de Redondela recolleu a petición de dimisión do presidente formalizada por escrito nunha carta dirixida ao Comité Directivo da entidade. Os membros da directiva non escatimaron en loanzas e recoñecementos ao traballo realizado ao longo dos últimos anos, os logros acadados, a boa imaxe e representatividade da asociación noutras entidadese en xeral a xestión realizada. Non obstante, dado que a Asociación forma parte dos órganos de gobernos doutras entidades, para atender correctamente aos compromisos institucionais previstosen axenda, a Xunta Directiva adoptou a decisión de que dita dimisión se faga efectiva a partir do día 15 de xaneiro e poder cumprir así con ditos compromisos e marcar un relevo institucional tranquilo.

Pola súa parte, José Antonio mostrou o seu agradecemento polos recoñecementos e lamentou que sigan sobre a mesa temas como a supresión da peaxe de Rande, a falta de solo industrial ou a falta de desenvolvemento dun plan xeral de ordenación urbana pero sobre todo lamentou non haber sido quen de transmitir a filosofía, que hoxe como hai dez anos, moveu a posta en marcha do proxecto de Canabal de converter en oportunidade o que era unha ameza e facer casar os intereses do pequeno comercio local con este novo proxecto aínda por definir.

A vacante da Presidencia producida por esta dimisión obriga, segundo se establece nos estatutos da entidade, a que a vicepresidencia proceda, no mais breve prazo posible,  á convocatoria de Asemblea Xeral para que se proceda á designación dun novo Presidente. En atención ao proceso electoral se procederá dende o mesmo día 15 de xaneiro á apertura do proceso electoral que estará aberto ata o 31 de xaneiro, estando prevista a celebración da Asemblea Xeral o para vindeiro 6 de febreiro de 2014.

18 de decembro de 2013 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.