O pleno de Fene aproba os proxectos do plan de obras e servizos da Deputación para o 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Os proxectos aprobados consisten na reposición do firme en tres camiños, concretamente o camiño do Revolto en Barallobre, camiño de Boado en Maniños e A Xunqueira en Magalofes.

Tamén se aprobou o proxecto de mellora da seguridade viaria na marxe esquerda da Avenida Marqués de Figueroa en Perlio, que suporá a substitución da rede de pluviais, iluminación, mobiliario urbano, sinalización, reposición de bordos con axuste da localización da parada de autobuses, substitución do pavimento da beirarrúa e reposición do pavimento da calzada afectado polas obras.

Ambos os proxectos contaron cos votos favorables do PP, BNG e EU.

Doutra banda e unha vez obtéñanse as autorizacións de costas, Adif, patrimonio e Augas de Galicia executaranse tamén os proxectos xa aprobados con cargo á subvención nominativa da Deputación consistentes no Aglomerado do Camiño de Almieiras e Campanario en Limodre, camiño de Ladeiro-San Marcos en Sillobre, Rua Baixa en Perlío, Camiño do Conde e Tafona en Maniños.

Igualmente esta semana finalizaron as obras de asfaltado do camiño do Cemiterio Municipal  ao Polígono de Vilar de Colo.

20 de decembro de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.