publicidade hoxe

O pleno da Coruña aprobará a ordenanza para a mellora da imaxe urbana do ámbito PEPRI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que o próximo pleno do 23 de decembro aprobará, de forma inicial, a ordenanza que regula a concesión de subvencións para mellorar a imaxe urbana en inmobles incluídos no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) de Centro histórico, As Atochas, Pescadería e Orzán. A finalidade é favorecer, desde o Goberno local, a recuperación da imaxe urbana coruñesa da zona histórica da cidade, á vez que se dá resposta a unha demanda tanto de veciños como de comerciantes.

As subvencións, para as que se reservou unha partida de 250.000 euros, outorgaranse tanto a comunidades de veciños como a propietarios que realicen obras de reparación e pintura de fachadas exteriores do inmoble, incluíndo a retirada de cableado; así como á substitución de cartelaría. O importe da subvención alcanzará o 80% no caso dos edificios con algún tipo de protección, até un máximo de 4.000 euros por vivenda; o 60% para o resto de edificios, até un máximo de 3.000 euros por vivenda; e o 70% nos casos de substitución de cartelaría, até un máximo de 2.000 euros por cartel. Para optar a este tipo de axudas é necesario que os inmobles non teñan expedientes de infracción urbanística, que teñan a Acta de Inspección Técnica de Edificios favorable e presentar informe de avaliación do inmoble.

O Concello simplificou os procedementos co fin de axilizar todo o proceso e diminuír os prazos tanto de concesión de axudas como de execución de obras e así potenciar unha rápida recuperación do ámbito que redundará na mellora ambiental e na reactivación económica da zona.

17 de decembro de 2013 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.