publicidade hoxe

O pleno da corporación de Ares aproba por unanimidade o POS de 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O derradeiro pleno do ano serviu para aprobar por unanimidade o Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación correspondente a 2014, que no caso de Ares ascende a 133.374,63 euros. Como informou o alcalde, Julio Iglesias, un montante de máis de 110.300 euros será adicado a unha obra moi importante para o equipo de goberno, a da dotación de abastecemento de auga potable á Malata, Chao do Monte, Ixobre e Pallizo, na parroquia de Caamouco, posto que supón un paso máis no obxectivo do equipo de goberno socialista de dotar dos servizos básicos –como é o abastecemento de auga ou o saneamento- a todo o municipio. O resto, arredor de 26.000 euros, será para gasto corrente.

O proxecto que será executado o vindeiro ano con cargo á subvención concedida pola institución provincial contempla un  prazo de execución dos traballos de tres meses.

No caso de que se produza baixa no proceso de licitación e adxudicación desta obra, o Concello tamén presentará o que se chama proxecto complementario, que neste caso correspóndese coa ampliación de abastecemento en Lubre, que conta cun orzamento base de algo más de 37.000 euros.

Como subliñou Iglesias, nestes anos de mandato socialista son moitas e significadas as obras de abastecemento promovidas polo seu equipo de goberno. Chanteiro e Cervás, cun investimento a cargo da Xunta de 1,3 millóns e 565.000 euros –no caso de Cervás, a rede está sendo ampliada aos puntos que quedaron pendentes do enganche-, Santa Eulalia -30.000 euros-, Concepción Arenal, Benito Vicetto, San Antonio e San Simón -150.000 euros- ou Alto de Simou -188.000 euros-, entre outras, son actuacións (algunhas delas con traballos de saneamento incluidos) impulsadas polo goberno do PSdeG-PSOE para dotar dos servizos básicos a toda a cidadanía.

27 de decembro de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.