publicidade hoxe

O Plan Urban en Lugo érguese como exemplo a nivel nacional da xestión destes fondos europeos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá ao acto anual sobre política rexional e Fondos Europeos en España organizado polo ministerio de Facenda e a Unión Europea, no que explicou a importancia e a xestión do Plan Urban para a cidade de Lugo.

“Interesa moito a nosa exposición polo feito de coñecer como interviron axentes externos ao Concello e como se buscou non unha simple rehabilitación das rúas ou prazas senón como este Plan mellorou o comercio e a vida dos cidadáns” segundo López Orozco, ademais de “levar unha mellora na sostenibilidade ambiental e económica”.

Durante a súa intervención, López Orozco, explicou como os fondos Urban serviron para crear novos postos de emprego e manter outros, para dinamozar o comercio e, en xeral, para dinamizar a vida nun municipio como é o de Lugo.

Ademais, o Alcalde sinalou que “é un orgullo que Lugo sexa invitado a estes actos porque eso significa que desenvolvemos ben o Plan e que somos un exemplo para outras cidades europeas”.

A este acto, ademais de técnicos españois tamén asisten membros da Unión Europea que evalúan o traballo realizado polos diferentes Concellos e entidades españolas.

Adxudicada a ventá arqueolóxica do Vello Cárcere

O Concello investirá 30.422 euros na obra civil da posta en valor dos restos arqueolóxicos do Vello Cárcere. A Xunta de Compras acordou hoxe adxudicarlle á empresa San José a realización destes traballos para a creación desta nova ventá arqueolóxica que deixará á vista estes importantes restos. Trátase dunha estrutura funeraria única no Norte de España e foi atopada durante a execución da primeira fase das obras de rehabilitación do antigo cárcere. O proxecto vai dar visibilidade ós restos integrándoos dunha maneira sinxela dentro do edificio a través dun vidro antideslizante que permita unha visión directa dos restos e, ademáis, incluirá un sistema de ventilación e renovación do aire e un sistema de drenaxe conectado á rede de saneamento.

Esta obra levarase a acabo con fondos do do Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea a través do FEDER, xunto co Concello e a Deputación.

13 de decembro de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.