publicidade hoxe

O Partido Socialista ofrece a súa colaboración para rehabilitar o santuario de Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+
E.P.

O secretario provincial do PSdeG en A Coruña, Francisco Caamaño, desprazouse este mércores a Muxía para coñecer o estado no que quedou o santuario da Virxe da Barca e trasladou a intención dos socialistas de colaborar, dende as institucións nas que están presentes, para rehabilitar o templo “coa maior brevidade posible”.

Caamaño avanzou que o PSdeG presentará iniciativas parlamentarias para buscar que “todos” poñan o seu “gran de area na recuperación dun lugar máxico e emblemático para a Costa da Morte”, así como para a provincia e para Galicia en xeral.

“Xuntos faremos que o noso pasado volva ser presente”, afirmou o socialista, que resaltou “o enorme valor patrimonial, histórico e turístico do templo” e lamentou que o incendio o deixara practicamente calcinado.

O secretario dos socialistas coruñeses participou nunha visita ao enclave afectado polas lapas na que estiveron presentes o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez; o alcalde de Muxía, o socialista Félix Porto, e o arcebispo de Santiago, entre outros.

25 de decembro de 2013 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.