publicidade hoxe

O obradoiro “O Ribeiro Verde” ofrece traballo a 20 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA ArnoiaBeadeCenlleCortegadaLeiroOurense
A-
A+

O obradoiro de emprego “Ribeiro Verde” ofrece formación e un posto de traballo a un total de 24 persoas desempregadas achegados dos cinco concellos que integran a Mancomunidade do Ribeiro: Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se benefician outras 7 persoas da zona que formaron parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo.

Así o destacou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, durante a visita que realizou esta mañá aos alumnos que están a participar neste curso no que reciben formación especializada, que logo levarán á práctica executando diversas actuación nos ámbitos de axuda no fogar e xardinería. Martínez amosouse esperanzado que deu a preparación e habilidades adquiridas nesta iniciativa contribúan a “incrementar moi significativamente a empregabilidade dos alumnos”.

Na visita estivo acompañado polo presidente da Mancomunidade do Ribeiro e alcalde de Leiro, Francisco Fernández, doutros alcaldes desta entidade supramunicipal, e polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas.

Axuda no fogar e xardinería

Durante os seis meses de duración do obradoiro, logo da súa etapa inicial de formación, os seus alumnos porán en práctica os coñecementos adquiridos. Así, as seis persoas que elixiron o módulo de axuda no fogar realizarán prácticas en distintos domicilios dos cinco concellos que integran a Mancomunidade do Ribeiro.

Pola súa banda, os 14 alumnos que optaron pola disciplina de xardinería realizarán traballos de mantemento e acondicionamento de áreas recreativas dos concellos que promoven esta iniciativa: Campo de San Antonio (Leiro), Río Avia (Beade), a da Biblioteca (Cenlle), Ponte das Poldras (Arnoia), do núcleo urbano (Cortegada)

O delegado territorial da Xunta en Ourense destacou ante os alumnos as distintas vantaxes dos obradoiros de emprego: combinan formación cun posto de traballo; permiten o desenvolvemento de obras ou servizos de interese para a comunidade; e abren un importante espazo de colaboración cos concellos para intentar que estes obradoiros teñan continuidade na creación de postos de traballo nun futuro.

11 obradoiros na provincia

Dende o mes de outubro que comezaron a funcionar os obradoiros, Rogelio Martínez está a realizar visitas co obxectivo de coñecer de preto os 11 obradoiros de emprego que están en marcha na provincia de Ourense nos que poden participar 234 persoas desempregadas.

O departamento autonómico que dirixe Beatriz Mato destina aos obradoiros de emprego que se desenvolven na provincia ourensá 2.078.720 euros. “Este esforzo enmárcase na posta firme do Goberno galego pola mellora da empregabilidade das persoas desempregadas en Galicia”, apuntou Rogelio Martínez.

No conxunto da comunidade autónoma, puxéronse en marcha un total de 50 obradoiros, que contan cun investimento de preto de 10 millóns de euros e que beneficiarán a 1.300 persoas desempregadas.
 

3 de decembro de 2013 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.