publicidade hoxe

O obradoiro “Cociña sen lume” desenvolverase na biblioteca municipal para pequenos e maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares continúa co seu programa de actividades deportivas e culturais co gallo das festas de Nadal. Mañá mércores terá lugar o obradoiro “Cociña sen lume”, unha iniciativa que se desenvolverá en dúas quendas; a primeira, de 16.30 a 18.00,  para pequenos e pequenas de tres a seis anos, e a segunda, de 18.30 a 20.00, para maiores de sete. A actividade celebrarase na biblioteca municipal e as persoas interesadas aínda poden apuntarse na Alianza.

Xa o xoves 19, a partires das 10.30 horas sairá do CPI Conde de Fenosa a que será III Maratón solidaria e X carreira Quilómetros de solidariedade. Nesta actividade participarán o alumnado do centro escolar, que percorrerá as rúas da vila para regresar despois ao colexio.

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o venres 21, ás seis da tarde, o espectáculo do mago Cayetano Lledó, mentres que o sábado 21 haberá dúas citas. A primeira, a exhibición de danza e baile moderno das Escolas de Ares e Mugardos, que terá lugar no pavillón deportivo de Mugardos dende as 17.30 horas (en marzo haberá outra exhibición similar en Ares), e a segunda, o III Certamen de Panxoliñas Concello de Ares. A igrexa de San Xosé acollerá esta iniciativa promovida pola Concellaría de Cultura, na que participan agrupacións musicais de Ares e que comezará ás oito da tarde.

Finalmente, o salón de plenos de Mugardos será escenario o venres 21 da ROLDA DE PRENSA de presentación da IX Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares, que se celebrará o domingo 29 ás once da mañá e que este ano sairá e chegará de Mugardos. A presentación, na que participarán responsables políticos dos dous municipios e representantes dos patrocinadores –Gadis e Coca-cola- será ás doce do mediodía.

17 de decembro de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.