O número 5.721 quinto premio, deixa máis de 900.000 euros en Santiago, Vigo e Pontevedra
O número 5.721 agraciado cun quinto premio, deixou 912.000 euros en Galicia, a maior parte en Santiago de Compostela, aínda que se vendeu un décimo en Vigo e outro en Pontevedra.
Unha administración da capital galega vendeu 15 series do número, co que deixa 900.000 euros en Santiago. Trátase da administración situada na Rúa de Santa Clara, número 18.
O décimo de Vigo foi vendido no kiosko Mibar, situado no 167 da rúa Urzáiz, o mesmo local que xa vendeu un boleto do 81.854, tamén premiado con 6.000 euros, de modo que repartiu en total 12.000 euros en grandes premios este domingo.
Pola súa banda, o décimo vendido en Pontevedra foi adquirido nunha máquina da administración de lotaría número 8, situada no Centro Comercial A Barca. A lotera sinalou que descoñece quen se levou o premio.
O número 5.721 resultou agraciado cun quinto premio, dotado con 60.000 euros á serie. O número foi cantado ás 13.01 horas no terceiro arame da novena táboa.
O premio estivo moi repartido e recaeu no medio centenar de administracións de localidades das provincias de Murcia, Alicante, Madrid, Castelló, A Coruña, Barcelona, Cantabria, Sevilla, Baleares, Girona, Cáceres, Valencia, Cádiz, Zaragoza, Pontevedra, Las Palmas, Madrid, Valladolid, Baleares, Santa Cruz de Tenerife, Ceuta e León.