publicidade hoxe

O mércores remata o prazo para inscribirse en Ocioleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O prazo para inscribirse nas actividades de Ocioleiros remata o próximo mércores día 18. O Goberno local anima a os veciños e veciñas de todas as idades a que participen neste conxunto de actividades que comezarán o próximo 27 de xaneiro. Cada actividade terá unha duración de 16 sesións e esta previsto que remata o próximo 31 de maio. As persoas empadroadas interesadas en participar nestas actividades poden cubrir as follas de inscrición na Fábrica, en Perillo, en horario de luns a venres de 8.30 a 14.30 h e de 17.00 a 21.30 h e os sábados de 9.00 a 13.00 horas.

Ocioleiros ten como obxectivo principal entreter os veciños e veciñas, para quen se elaboraron actividades divididas en tres grupos de idade. Para os máis novos, para os rapaces e rapazas de 13 a 17 anos, organizáronse actividades como surf, repostería creativa, skate, teatro, fotografía, parkour e cociña. Para a mocidade de 18 a 35 anos ofrécense actividades como cociña, pintura, ganchillo, cata de viños galegos, fotografía, coctelería, xardinería, horta ecolóxica, patinaxe, bolos, iniciación ao surf e bodi-board, travesías en kaiak, bádminton, bailes de salón, bailes latinos e repostería creativa. E o grupo de Xoveoleiros para os veciños entre 36 e 65 anos poderán gozar de actividades como técnicas de relaxación, informática, cociña, pintura, ganchillo, cata de viños galegos, fotografía, coctelería, xardinería, horta ecolóxica, patinaxe, bolos, iniciación ao surf e bodi-board, travesías en kaiak, bádminton, bailes de salón, bailes latinos e repostería creativa.

13 de decembro de 2013 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.