O mércores remata o prazo de entrega dos carteis para do concurso da cabalgata en Vilagarcía
A Concellería de Cultura lembra aos nenos e nenas de Vilagarcía que o próximo mércores, 11 de decembro, remata o prazo para participar no concurso de debuxo da Cabalgata. O rapaces interesados en presentar o seu cartel deberán presentalo na Concellería de Cultura (no Auditorio) en horario de 8.30 a 14.30. A novidade deste ano é que o certame para a elección do cartel anunciador da Cabalgata ábrese á participación individual nos nenos e nenas, polo que poderá participar calquera neno aínda que non participe o seu centro educativo.
Con este cambio preténdese que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de que o seu debuxo serva de invitación aso actos que presidirán os Reis Magos en Vilagarcía, algo que a todos os nenos lles fai moita ilusión e que co sistema anterior de concurso escolar esta posibilidade se vía limitada a que o centro decidise participar e ao cursos que cada un dos colexios determinase.
Agora, poderán participar a título individual nenos e nenas de 7 a 11 anos de idade e que estean empadroados no municipio. Non poderán presentarse traballos en grupo, pero cada participante poderá presentar o número de debuxos que queira. Os únicos requisitos son que os carteis deben elaborarse en formato DIN A 4, incluír na composición o texto “Domingo, 5 de xaneiro ás 19:00 hora” e presentarse na Concellería de Cultura no prazo antes mencionado.
Segundo as bases, que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web, os debuxos non poderán ir firmados nin levar o nome. Estes datos deberán poñerse no reverso do cartel, facendo constar no e apelidos, enderezo e número de teléfono.
Un xurado elixirá o cartel gañador e o seu autor recibirá un premio consistente nun pack de pintura. Ademais do recoñecemento público, o cartel anunciador da Cabalgata incluirá unha breve reseña do autor do debuxo.











