publicidade hoxe

O Marín CF organiza o Trofeo de Nadal de Fútbol 8 o 28 e 29 de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Non hai descanso para o deporte no Nadal. O certo é que estas datas supoñen un excelente periodo para promocionar o deporte, para formarse e para seguir medrando.

Baixo este mesmo obxectivo traballa o Marín CF, que os días 28 2 29 de decembro organiza o “Trofeo de Nadal de Fútbol 8 de Marín”. Un torneo que se disputará en horario de mañán e tarde no Campo de Fútbol de San Pedro.

Asimesmo o club organiza unhas xornadas formativas coa temática de formación e entrenamento dos porteiros a través dunhas charlas-coloquios con apartado práctico que terán lugar os días 30 de decembro, 2 e 3 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 h no Campo de Fútbol de San pedro.

27 de decembro de 2013 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.