O local social de Esmelle acolle unha “xornada sobre cooperativismo no medio rural”
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Igualdade que dirixe Verónica Casal Míguez, colabora coa Asociación de Mulleres Rurais de Esmelle e coa Asociación de Veciños Val de Esmelle na organización dunha “Xornada sobre Cooperativismo no Medio Rural”, que terá lugar mañá venres no local social de Esmelle. A iniciativa, impulsada pola Administración ferrolá e a Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de Fomento do Cooperativismo no Medio Rural.
O programa ten como obxectivo principal o fomento do cooperativismo como forma de autoemprego para as mulleres na zona rural de Ferrol e integra actividades de análise de mercado, estudo, actividades formativas e impulso do autoemprego. O programa desta xornada é o seguinte:
-De 18.00 a 18.30 horas: “Presentación das xornadas e avaliación de resultados acadados no Programa de Fomento do Cooperativismo no Medio Rural”. Dita charla estará impartida pola coordinadora do programa, Rocío García Brandeiro.
-De 18.30 a 19.30 horas: “Como emprender no rural mediante a fórmula da cooperativa”, impartido polo responsable de proxectos cooperativos de Ugacota (Unión de Cooperativas de Traballo Asociado), Tino Gago Conde.
– De 19.30 a 20.30 horas: “Financiamento e subvencións a proxectos desenvolvidos no medio rural”, impartido pola xerente de Costa Noroeste, Natividade González Laso.
-De 20.30 a 21.00 horas: “Incorporación de novas iniciativas empresariais no proxecto Valle de Esmelle”, impartido polo membro da directiva Val de Esmelle, Rafael Fernández Beceiro.