O Jofre de Ferrol acolle a versión do musical “Campanilla”
O popular musical “Campanilla” pechará o venres, día 27 de decembro, a programación infantil da Concellería de Cultura, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, no Teatro Jofre. A función dará comezo ás 20:00 horas e as entradas poderán ser adquiridas de maneira anticipada no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
O espectáculo de teatro musical combina catro cantantes de primeira fila en directo, música orixinal, acrobacias e vos con teas, no seu caso con sistema autoportante, cunha escenografía composta de proxectores gran angular que permiten a súa realización adaptándose a todos os espazos escénicos e exteriores. Esta nova versión conta unha historia apaixonante que reivindica a lectura, chea de romanticismo e sensibilidade que nos fala do importante de ter un soño e desexar o seu cumprimento, da amizade, da necesidade de respectar aos demais e de compartir.
Para pequenos e grandes
“Campanilla: o musical” descubrirá os segredos que o seu autor nunca se atreveu a desvelar, comezando polo orixe de Peter, o de campanilla, como se coñeceron, e que aventura viviron que fixo que campanilla tivese un dobre comportamento de amor-odio cara Peter e a razón do nome de Peter Pan. En definitiva, un conto contado doutra maneira, pensado para gozar en familia con constantes “guiños” cara os adultos que por 90 minutos volverán a ser nenos, e que xunto cos seus fillos, volverán a poñerse o parche no ollo e abrandar os callos que forxan os anos, e que lles impiden volver a visitar o país de Nunca Xamais.











