O Jofre acolle o espectáculo de monicreques “La venganza de Don Mendo”
A compañía El Espejo negro presentará este sábado, día 7, no Teatro Jofre o seu espectáculo de monicreques “La venganza de Don Mendo”. Esta actuación dará comezo ás 20:30 horas e forma para da programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. As entradas poderán ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.
“Este relato acontecese durante o reinado dun tal Alfonso sete, alá polo século doce entre casteláns e leoneses. As aventuras do Marqués de Cabra, don Mendo, todo un nobre cabaleiro, traizoado pola súa amada Madalena do Jarama co Duque de Touro, don Pero”. Pola súa afección á escalada e ás faldras da súa amada dama, don Mendo viuse prisioneiro na torre dun castelo polo falso roubo dun colar do mercado. Foi mandado a encerrar por Don Nuño Manso del Jarama, pai de Madalena a desafogada.
Tralo éxito acadado na feira internacional de Feten a compañía granadina “Espejo Negro”, achégase por primeira vez ao Teatro Jofre, coa súa derradeira e impresionante produción. Unha exquisita posta en escena, unha coidada manipulación dos monicreques e unha divertida versión da novela, farán desta cita unha inesquecible velada para o público familiar.