O Jofre acolle a comedia “El amor de eloy”, que critica con crueza as relacións de parella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A comedia “El amor de Eloy” será representada este venres, día 6, no Teatro Jofre. A actuación dará comezo ás 20:30 horas e forma para da nova programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.

Esta obra de Ernesto Caballero é unha vertixinosa comedia que critica con crueza as relacións de parella. César Lucendo dirixe a David V. Muro, Javier Martín e Patricia Pérez. Cada individuo encerra múltiples personalidades dentro de si mesmo e nalgunhas ocasións se mestura creando dentro da nosa mente un debate interno que nos fai practicamente imposible tomar calquera tipo de decisión. No caso de Eloy, márcanse tres personalidades moi definidas e interpretadas por tres actores distintos que comparten escenario ao mesmo tempo: o Eloy pesimista (David V. Muro), o Eloy romántico (Javier Martín) e o Eloy racional (Raúl Gómez)

Tickets para o espectáculo

As entradas poderán ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.

3 de decembro de 2013 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.