O I Salón Motor Classic e a 42º Feira de Antigüidades e Artesanía encherán o recinto feiral estradense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaCalendario
A-
A+

Este fin de semana, o recinto feiral estradense, acollerá unha dobre mostra expositiva : I Salón Motor Classic e 42ª. Feira de Antigüidades e Artesanía. Este certame desenvolverase os días catorce e quince en horario ininterrompido de dez a vinte horas e con entrada gratuíta para todos os visitantes.

Entre ambas as mostras, o cómputo global de firmas presentes ascende a un total de noventa expositores, ocupando un espazo total expositivo de máis de 7.600 m2, distribuídos en catro pavillóns.

Un total de vinte e sete firmas de anticuarios e dezaoito artesáns, daran unha cobertura sen par ao I Salón Motor Classic. O 36% dos anticuarios pertencen á provincia de Pontevedra, seguida de preto co 30% a provincia da Coruña, Lugo cun 15% e Ourense cun 4%, o 11% de  chegarán procedente do resto do estado e Portugal, achega o 4% do total de firmas .

O recinto, conta igualmente, cunha mostra de dieciseis artesáns dos cales, o 44% son de Pontevedra, o 38% da Coruña, o 12% de Lugo e o restante 6% de Ourense.

O 49,37% do espazo expositivo, ocuparao o I Salón Motor Classic,  que conta coa colaboración  da Asociación de Vehículos Clásicos da Estrada.

A mostra expositiva de vehículos clásicos (automóbiles, tractores e motocicletas), aproximarase ao centenar e medio de exemplares, sendo os máis antigos dos anos corenta e a partir da data, estarán representadas as demais décadas. En todo caso, os vehículos expostos excederán os vinte e cinco anos.

A Asociación Galega de Amigos de Maquinaria Agrícola Clásica (A.G.A.M.A.C), de Silleda, exporá unha colección de catro tractores dos anos sesenta. Escuadras clásicas con soleira como Rolls Royce, Doddge, Mercedes, Porsche, Buggy, Alpine, deleitasen coas súas exquisiteces a todos os visitantes.

O 92,40% das firmas expositoras presentes, pertencen á nosa comunidade autónoma, destacando as provenientes en maior medida    Pontevedra e A Coruña, seguidas de Lugo e Ourense.

11 de decembro de 2013 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.