O I Circuito Galicia Norte de Xadrez establece o primeiro calendario de competicións do norte da comunidade
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Veiga, o Director da Escola Luguesa de Xadrez, Pablo Castro, e o do Círculo Ferrolano de Xadrez, Juan Rodriguez Rey, presentaron esta mañá o I Circuito Galicia Norte de Xadrez.
Con esta nova actividade os amantes do deporte do xadrez poderán asistir a todas as competicións que se establecen nun calendario oficial e que permitirá crear este circuito
O Concelleiro de Deportes sinalou a importancia deste tipo de eventos para os amantes do xadrez e agradeceu a Xaquedrum o esforzo que fai para dar a coñecer esta actividade tanto a nenos e nenas como a maiores.
Pola súa parte, Pablo Castro e Juan Rodriguez, explicaron que o circuíto terá unha duración do 1 de xaneiro ao 31 de Nadal do 2014 e que abrangue ás provincias de Lugo e A Coruña porque son as que rexistran un maior número de actividades relacionadas co xadrez.











