publicidade hoxe

O grupo “A Fiestra” representa en Carral a obra “Amantes y otros extraños”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarral
A-
A+

O grupo de teatro amador A Fiestra participará no ciclo de teatro que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral, representando a obra “Amantes y otros extraños”. A escenificación terá lugar en Tabeaio, no local Xente Nova, o sábado 14 de decembro ás 20:30 h. A entrada é de balde.

A Fiestra formouse hai 4 anos na Escola de Teatro de Ardebullo, e desde entón levan representadas 4 producións teatrais. Está formada por veciños de Carral, que baixo a dirección de José Leis, se mergullan no mundo teatral con obras dirixidas a todos os públicos. Xa teñen en marcha a produción dunha nova obra que comezarán a presentar no 2014.

11 de decembro de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.