O goberno local de Oleiros reunirase cos colectivos locais para expoñer os orzamentos de 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Goberno local de Oleiros reunirase cos colectivos locais para expoñerlles os orzamentos xerais do Concello para o próximo ano. A reunión celebrarase o próximo martes día 17 a partir das 19.30 horas na Casa Charry. Durante este encontro, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicará de forma pormenorizada o documento que rexerá a vida municipal ao longo de 2014 e detallará os investimentos que se executarán nos próximos 12 meses.

Así mesmo atenderá as inquietudes que os distintos representantes das asociacións poidan ter respecto a estes orzamentos. Os orzamentos xerais elaborados polo Goberno local son un documento participativo que atende as propostas dos representantes veciñais. Para iso, o Concello envía ao longo do ano unha carta a cada un dos colectivos locais para que realicen as súas propostas, estas son recollidas polo Goberno local quen posteriormente as inclúe no orzamento dando prioridade ás propostas máis necesarias e de maior urxencia.

13 de decembro de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.