publicidade hoxe

O goberno de Ames fai un chamamento á colaboración veciñal ante os roubos rexistrados en Tapia e Lens

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O Concello de Ames expresa a súa preocupación ante os roubos rexistrados nos últimos días e fai un chamamento aos veciños do municipio para que alerten ás forzas e corpos de seguridade de calquera situación que lles poida parecer relevante. A Policía Local de Ames e a Garda Civil do Milladoiro están colaborando na resolución destes dous casos e o obxectivo é evitar, na medida do posible, que se produzan novos roubos.

Nas últimas xornadas, rexistrouse un roubo nas instalacións do Club de Piragüismo, situadas en Tapia. Neste inmoble, os asaltantes causaron desperfectos nos vestiarios e no sistema fotovoltaico co que conta dita instalación deportiva co obxectivo de extraer as tuberías de cobre. Con todo, non conseguiron levar nada grazas á chegada da Policía Local.

Ademais de en Tapia, produciuse outro roubo na parroquia de Lens, máis concretamente no lugar de Miso. Neste caso, o sustraído foi unha marquesiña que fora instalada na zona polo Concello o pasado ano.

27 de decembro de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.